Escoitar

Exposición de Xaquín Chaves na Casa das Artes

A Casa das Artes acolle ata o 5 de outubro unha exposición de pintura de Xaquín Chaves que leva por título " O bosque de trazos e cronos".

martes, 9 set 2003
1063101553xaquin_chaves.jpg
Rubaiyat 2002. Pigmentos e acrílicos s/lenzo
O traballo artístico de Xaquín Chaves comeza a ser coñecido polo público a mediados dos anos setenta. Nos oitenta, é seleccionado para participar na exposición "Artistas Galegos na Fronteira", onde o crítico Xosé Antón Castro configurou un variado rexistro do post-atlantismo na pintura contemporánea galega.

No período que va dende os oitenta ós noventa, a súa obra asume un carácter expresionaista e adquire unha entonación cromática e xestual moi acntuada. Durante a década dos noventa a pintura de Chaves evoluciona cara á bastracción e adopta o gran formato como eixo principal da súa producción artística.

Na mostra da Casa das Artes, Chaves propón unha primeira retrovisión da súa pintura desde finais dos anos noventa ata hoxe, na que o grande formato nos lenzos e no papel, así como unha serie de traballos sobre lousas, veñen a sintetizar unha viaxe polos seus diferentes tránsitos pictóricos.

A exposición podese visitar no seguinte horario: de luns a venres de 18.00 a 21.20 horas; sábado de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30h; domingos e festivos de 11:00 a 14:00h.
Descargar todas as imaxes