Mais de 20.000 persoas utilizaron os servicios turísticos da concelleria durante o mes de agosto
Os servicios turísticos da Concellería de Turismo atenderon a 20.344 persoas durante o mes de agosto, o que supón un incremento do 65% con respecto ó mesmo mes do ano pasado. Os datos presentounos en rolda de prensa o concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, quen resaltou que o 85% dos turistas proceden dotros lugares do estado.
No mes de Agosto 20.344 persoas visitaron os diferentes servicios turísticos da Concellería de Turismo de Vigo, sendo o 85,5% destes turistas estatais. Procedentes na súa maior parte de Cataluña, Madrid, Andalucía, Comunidade Valenciana, Castela-León e País Vasco. O 14,5% procedían de Portugal, Francia, Venezuela, Italia, Arxentina e Reino Unido.
Hai que destacar que o número de usuarios dos servicios turísticos incrementáronse nun 65% con respecto o mes de Agosto do ano pasado.
O Bus Turístico recibiu un total de 2.651 usuarios durante o mes de agosto, dos que un 87,3% eran nacionais, procedentes de: Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía, Castela-León e País Vasco. O 12,7% restante procedía na sua maior parte de: Portugal, Reino Unido, México, Venezuela e Arxentina.
Dos restantantes servicios turísticos postos en funcionamento para o período estival: servicios a cruceristas, puntos vermellos e oficinas de información, foi a oficina da Pedra a que recibiu máis consultas, rexistrándose máis de 10.000 usuarios atendidos. As consultas máis realizadas foron sobre as Illas Cíes, praias e gastronomía.
Os turistas internacionais atendidos nesta oficina procedían na súa meirande parte dos numerosos cruceros que se achegaron á nosa cidade durante o mes de agosto, demandando básicamente rutas de compras e gastronomía.
As persoas atendidas neste punto de información amosan un especial interese pola Rúa das Ostras, O Berbés, e o mercadiño da Pedra, xunto coa historia que xira arredor do Casco Antigo. As Illas Cies tamén seguen a ser un atractivo para aqueles que se achegan a pasar uns días na nosa cidade.
PUNTO INFORMACION DE PRÍNCIPE
No mes de Agosto atendéronse un total de 4.411 persoas, das que, 3.546 eran nacionais e as 865 restantes internacionais. Hai que destacar cun 3% das consultas nacionais son dos propios vigueses interesados en coñecer mellor a súa propia cidade.
PUNTOS VERMELLOS
Este servicio de información turística itinerante atendeu un total de 3.401 consultas das que un 86,7% eran nacionais. Tamén hai que resaltar que os vigueses demandan este servicio de información na rúa para ampliar coñecementos da cidade.
LONXA DO CONCELLO
Neste punto de información rexistráronse un total de 1.661 consultas, sendo 1.394 delas nacionais e as 267 restantes internacionais.
O perfil do turista que visitou a nosa cidade no mes de Agosto corresponde a persoas cunha idade media comprendida entre os 25- 35 anos. Sendo máis xove respecto á media de idade correspondente ó mes anterior que estaba entre os 35- 45 anos.
A estancia media na cidade é de 5 días, prolongándose dous días máis respecto ó mes de Xullo.
O medio de transporte máis utilizado é o coche ( 42,7% ), seguido do bus ( 38,25% ), avión ( 13,75% ), tren (4,5% ) e outros o 0,8% restantes.
Durante o mes pasado de agosto atracaron no porto de Vigo catro cruceiros: Oriana, Sta. Elena, Oceana e Caronia, con máis de 6.000 cruceristas xunto á tripulación. Este dato incrementarase no presente mes de setembro ca chegada 15.000 cruceristas en máis de 18 barcos. Se prevee que nos barcos viaxen máis de 2.000 persoas, debido a magnitude dos mesmos. Coma o Constellation, que atracará este xoves día 4 , seguido do Golden Princess o día 11, o Oceana o día 16 e o día 17 o impresionante Queen Elizabeth 2.
Como dato destacable, a estación de autobuses de Vigo tuvo un tráfico de viaxeiros de entrada e saída de aproximadamente 200.000 viaxeiros.
OCUPACIÓN HOTELEIRA
Os datos de ocupación hoteleira facilitados polo sector, amosan un incremento notable da ocupación durante o mes de agosto, con respecto o mes de xullo pasado. Se ben, ningún hotel de 4 ou 3 estrelas chegou ó 90% de ocupación, como sucedera o ano pasado, os datos estadísticos do mes de agosto reflicten un ascenso de case 11 puntos para os hoteis de tres estrelas con respecto ó mes de xullo, xa que a media de ocupación estivo en torno ó 80,2% . Este incremento notouse aínda máis nos hoteis de catro estrelas, que tiñeron un mes de xullo bastante frouxo e se recuperaron neste mes de agosto ata subir, nalgúns casos, ata 20 puntos. A media de ocupación dos hoteis de catro estrelas foi do 78, 6%. O pico máis alto foi do 84% e o máis baixo do 73%.
Os hoteleiros, en todo caso, fan especial fincapé no feito de que as reservas son tardías e, polo tanto, a incertidume dos niveis de ocupación se mantén ata uns días antes da chegada do cliente, asimesno, afirman que se ben os datos de agosto compensan os datos de ocupación do mes de xullo, o gasto medio por turista descendeu considerablemente e se ofreceron paquetes a prezos moi rebaixados, polo que o marxe de beneficio decreceu notablemente. O turista que visitou a cidade consumiu menos que outros anos e controlou máis o gasto en servicios adicionais.
En todo caso, a celebración na cidade de dous importantes eventos nos meses de setembro-outubro, como son a World Fishing Exhibition e Conxemar, permiten pensar que se producirá unha compensación dos datos de ocupación de todo o período, podendo pechar o ano turístico con datos relativamente positivos para o sector hoteleiro e hostaleiro, xa que tradicionalmente o gasto medio do turista de congresos que asiste a este tipo de eventos prácticamente duplica o gasto medio do turista convencional.