Escoitar

Xuntaza da Comisión de Goberno

A Comisión de Goberno reunese o luns a partir das nove da mañá na sala de reunións cun orden do día de 23 asuntos.

venres, 5 set 2003
1.- Acta da sesión ordinaria do 25 de agosto de 2003.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4100/1999 interposto por EDELMIRO ROMÁN VILA e outros contra desestimación presunta por silencio administrativo de reclamación de reponsabilidade patrimonial. Estimado parcialmente.

3.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4558/99 interposto por D. ANTONIO JOSÉ AMEIJEIRA LAMAS e Dª ELENA PÉREZ RODRÍGUEZ contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

4.- Sentencia do Xulgado de Instrucción nº 3 de Vigo no xuízo verbal de faltas nº 698/2003 contra D. ANTONIO ALBERTO BALLESTEROS ROSALES por presunta falta de furto. Condenado o denunciado.

DEPORTES
5.- Solicitude de autorización do Club Triathlón Vigo para a realización do XVIII Triatlón Cidade de Vigo o día 14.09.03. Expte. 3878/333/03.

6.- Solicitude de autorización da A.VV. San Xoán Poulo para realiza-la V Carreira Popular San Xoán Poulo Memorial Fernando Nogueira. Expte. 3877/333/03.

ELECTRO-MECÁNICOS
7.- Proxecto de mellora da infraestructura eléctrica nas parroquias de Coruxo e Matamá. Expte. 10211/444.

INTERVENCIÓN
8.- Gastos de locomoción para incluir na nómina do mes de setembro.

MULLER
9.- Axudas para a saída de seis mulleres da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas. Expte. 1431/224.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
10.- Adxudicación da madeira depositada no Parque Central de Servicios do Concello de Vigo. Expte. 2327/446.

11.- Adxudicación das obras de instalación dun sistema de evacuación mediante escaleira exterior no edificio da Casa Consistorial. Expte. 10042/444.

12.- Adxudicación do concurso para a contratación das obras de remodelación do departamento de Intervención Xeral (lote 3, redes informáticas. 15736/240.

13.- Adxudicación do concurso para a subministración de formigóns para o servicio de Vías e Obras. Expte. 37422/250.

14.- Adxudicación do concurso para a contratación da prestación do servicio de colaboración coa xestión catastral delegada do Concello de Vigo. Expte. 14/500.

PERSOAL
15.- Convocatoria para proveer polo procedemento de libre designación, un posto vacante de xefe do Servicio de Contratación. Expte. 12783/220.

16.- Solicitude de aboamento de complemento de festividade e nocturnidade de D. José Luis Caride Grandal. Expte. 14277/220.

17.- Solicitude de aboamento de complementos de festividade e nocturnidade de D. Hector Soage Bermúdez. Expte. 14278/220.

18.- Escrito do xefe de Patrimonio Histórico solicitando a cubrición interina dun oficial xardiñeiro, un técnico medio e un arqueólogo. Expte. 1642/307.

19.- Proxecto de convenio co Colexio de Avogados da cidade para a realización de prácticas dos alumnos da Escola de Práctica Xurídica “Concepción Areal”. Expte. 14293/220.

PAZO DE CONGRESOS

20.- Solicitude de autorización á Autoridade Portuaria de demolición do actual edificio das antigas instalacións de Casa Mar S.A. para a contrucción de Auditorio-Pazo de Congresos.

SEGURIDADE
21.- Devolución de avais:
a) Asociación Cultural Folia. Expte. 68894/210/03.
b) Foro Social de Vigo. Expte. 688797/210/03.
c) Asociación Cultural Gorgollada. Expte. 68896/210/03.
d) D. Vicente González Pereira. Expte. 68789/210/03.
e) Asociación Cultural Hispanoamericana Condebamba. Expte. 68895/210/03.

22.- Solicitude de autorización da Federación AA.VV. Eduardo Chao para a celebración da XII Festa Veciñal no parque de Castrelos o 21.09.03. Expte. 68873/210.

23.- Rogos e preguntas.