Escoitar

Aberto o prazo das Escolas Deportivas

A Concellería de Deportes abre, durante o mes de setembro, o prazo de inscrición para participar no programa municipal das Escolas Deportivas . As escolas están orientadas á práctica do deporte cun ensino de calidade e dirixidas a todas e todos os alumnos que cumplan os requisitos de idade de cada modalidade que vai dende os 6 ós 18 anos.

xoves, 4 set 2003
O programa municipal de Escolas Deportivas oferta as seguintes modalidades: atletismo, badminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, hockey herba, hockey patíns, iudo, kárate, loita, patinaxe,taekwondo, tenis, tiro con arco, voleibol, xadrez, ximnasia artística, ximnasia rítmica. Para discapacitados físicos e psíquicos: baloncesto en cadeira de rodas e natación .

O prezo das actividades é de 32,45 € ó ano e a inscrición realizarse durante o mes de setembro nas oficinas do IMD ( Avd de Castrelos,1) en horario de mañá.