O Concello ofrece un xantar ao presidente de Namibia no pazo Quiñones de León
O presidente da República de Namibia, Sam Nujoma, acompañado do ministro de Pesca, Abraham Iyambo, inicia o xoves en Vigo unha visita de catro días, nos que o mandatario terá oportunidade de achegarse a algunhas das empresas máis destacadas da cidade. O alcalde, Ventura Pérez Mariño, o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, e o delegado do Goberno en Galicia, Arsenio Fernández de Mesa, recibirán ao xefe o Estado namibio e ao seu séquito pola tarde, no aeroporto de Peinador.
Ao día seguinte, venres, e despois de que a comitiva percorra varias factorías de Vigo, entre elas, “Pescanova" e "Astilleros Freire”, o alcalde e o conselleiro de Pesca ofreceranlle ao presidente e aos seus acompañantes un xantar no pazo de Castrelos, ao que tamén serán convidados as e os voceiros municipais, ademais de distintos empresarios e empresarias da cidade.
Esta visita oficial vén remarcar o incremento da importancia que están a adquirir as relacións comerciais existentes entre o país africano e Vigo, xa que desde que este país se independizara, en 1990, empresas viguesas, mediante sociedades mixtas, son as que máis teñen investido en Namibia. Segundo datos recentes, a provincia de Pontevedra (cunha maioría de empresas viguesas) exportou productos a Namibia no que vai de ano por valor de 5,7 millóns de euros e importou por valor de 65 millóns. En todo o ano pasado, as exportacións ascenderon a 11,5 millóns e as importacións de productos namibios rondaron ós 135 millóns.
O programa oficial do presidente namibio seguirá o sábado en Baiona, desde onde embarcará nun iate para seguir a saída e os principais puntos de interese da regata “Príncipe de Asturias”. Esa tarde, o máximo mandatario de Namibia viaxará a Santiago de Compostela, onde será recibido polo presidente da Xunta, Manuel Fraga. O domingo, día 7, sairá desde o aeroporto de Santiago cara a Senegal.