O Concelleiro de Cultura ten previsto recuperar a batalla das frores
Ó longo do mes de setembro, Santiago Domínguez ten previsto manter diversas xuntanzas con colectivos e persoeiros da cidade de cara a recupera-la tradicional "Batalla das frores" coa que os vigueses e viguesas celebraban a primavera.
A "Batalla das frores" é lembrada polas persoas maiores como un dos momentos estelares do ano para favorecer o encontro e a convivencia de toda a cidadanía viguesa. A súa celebración tivo lugar ata finais dos anos sesenta e nela participaban diversas institucións, empresas e barrios da cidade, que promovían a presencia dunha carroza na “batalla” equipada con abundantes pétalos de frores.
Para estudia-la viabilidade do proxecto e a forma de execultalo o Concelleiro ten previsto manter diversas xuntanzas cos colectivos máis representativos da cidade (Federación de Peñas Recreativas “El Olivo”, Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao", Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, etc), así como con aquelas persoas e institucións que poidan contribuír a recupera-la devandita tradición cultural viguesa.
A iniciativa de Santiago Dominguez enmárcase dentro da política de "cultura para todos" que ten previsto desenvolver ó longo de toda a lexislatura. Con esta máxima quere achegar a cultura a tódolos vigueses e viguesas, de xeito que se combine oferta cultural para grandes públicos con oferta especializada ó mesmo tempo que se aborden iniciativas dirixidas cara os máis novos e cara os adultos. Tamén está previsto achega-la cultura a tódolos barrios e parroquias, traballando para o seu desenvolvemento conxuntamente cos colectivos socioculturais.