Escoitar

Exposicións da Casa da Xuventude

Despois do paréntese das vacacións de agosto, a sala de exposicións da<br /> Casa da Xuventude reabre as portas para acoller diferentes mostras de<br /> colectivos xuvenís e novos artistas.

martes, 2 set 2003
A primeira das mostras é o resultado do traballo de dúas mozas no ámbito
da fotografía. Dende o día 2 ata o 12 de setembro poderemos ver esta
exposición titulada "A flor de pel" a cargo de Mónica Paradela e Lucía
Latorre.

A continuación terá lugar unha mostra de arte floral a cargo de María
Moares na que se amosan cadros elaborados con flores prensadas, e que
abranguerá ata finais de setembro.

Xa en outubro teremos ocasión de ver as novas creacións de xoias da
Escola de Xoieiría do Atlántico, que periódicamente soen mostrar na nosa
sala de exposicións xa dende principios da creación desta escola.

Despois de esta orixinal mostra poderemos disfrutar doutra novedosa na
Casa da Xuventude xa que por primeira vez o colectivo Fiadeiro realizará
unha mostra nas nosas dependencias sobre o traxe tradicional en Galicia
nos séculos XIX e XX.

Rematada esta mostra terán lugar tres esposicións fotográficas tamén en
períodos de dúas semanas de duración: a primeira delas a cargo da
Fundación Cume que favorece as campañas de concienciación acerca dos
problemas que precisan de intervención inmediata en Galicia.

A continuación unha visión moi persoal de Antonio Fernández Vacas sobre
as diversas realidades e paisaxes humanos profundamente diferenciados
que acostuma a reflexar utilizando as diferentes técnicas audiovisuais
como a fotografía neste caso.
Unha última mostra individual terá lugar nesta rolda, a das fotografías
de Daniel Fernández Cabrera, que el mesmo titula "Miradas".

Unha vez rematas as mostras xa chegado o mes de decembro a Sala de
Exposición celebrará o remate da rolda e do ano cunha mostra conxunta de
todas as realizadas no ano 2003. Esta iniciativa que escomenzou a
realizarse o ano pasado con grande acollida por parte dos e das
expositoras, reúne unha pequena escolma das obras que pasaron por esta
sala durante o ano, de xeito que se pretende crear un vencellamento
entre os artistas que participen.