Exposición de Xaquín Chaves na Casa das Artes
O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez, inaugura hoxe unha exposición de pintura de Xaquín Chaves que leva por título " O bosque de trazos e cronos". A exposición permanecerá aberta ata o 5 de outubro na Casa das Artes.
O traballo artístico de Xaquín Chaves comeza a ser coñecido polo público a mediados dos anos setenta. Nos oitenta, é seleccionado para participar na exposición "Artistas Galegos na Fronteira", onde o crítico Xosé Antón Castro configurou un variado rexistro do post-atlantismo na pintura contemporánea galega.
Na mostra que se inaugura hoxe na Casa das Artes, Chaves propón unha primeira retrovisión da súa pintura desde finais dos anos noventa ata hoxe, na que o grande formato nos lenzos e no papel, así como unha serie de traballos sobre lousas, veñen a sintetizar unha viaxe polos seus diferentes tránsitos pictóricos.