Escoitar

Emprego promove unha nova escola obradoiro que continuará coa formación de desempregados en oficios relacionados co mundo do mar

A Escola Obradoiro "Mar de Vigo 2", promovido pola Concellería de Promoción Económica e Emprego no marco do Plan municipal de emprego, será unha realidade a partir do vindeiro mes de decembro, despois de que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais aprobara o proxecto cunha subvención total de máis de 730.000 €.

luns, 15 set 2003
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Lois Pérez Castrillo, deu a coñecer hoxe á Comisión de Goberno o devandito proxecto, que continuará co carácter novedoso do "Mar de Vigo", desenvolto hai dous anos.

Corenta y cinco rapaces desempregados e sen cualificación profesional, de entre 16 e 24 anos, recibirán durante 18 meses unha formación teórico práctica enmarcada en tres especialidades relacionadas co mundo do mar; "Carpintería de ribeira", "Novas técnicas de construcción naval" e "Actividades naúticas".O "Mar de Vigo 2" estará ubicado preto do mar na mesma nave, alugada polo Concello, na que se desenvolveu a Escola Obradoiro "Mar de Vigo", para facilitar as actividades naúticas dos alumnos.

Con este proxecto trátase de continuar coa dinamización do sector da navegación e da construcción de embarcacións tradicionais como xacemento de emprego para pofesións cunha importante proxección no sector turístico. O proxecto de "Mar de Vigo 2" non se centra na recuperación de patrimonio histórico-artístico, obxectivo habitual das escolas-obradoiros, senon que actuará sobre un patrimonio natural como o mar, principal recurso da cidade de Vigo.