O Centro de Artesanía Tradicional inicia visitas didácticas ós escolares da cidade
O CAT –Centro de Artesanía Tradicional-realizará o próximo mes de outubro actividades dirixidas ós centros de ensino da cidade co fin de divulgar o patrimonio etnográfico ós máis novos e achegarse aos modos de vida propios de Galicia.
O CAT, que depende da concellería de Patrimonio Histórico, é un centro de artesanía tradicional ten como finalidade protexer e divulgar o patrimonio cultural e etnográfico, recuperando técnicas, obxectos, materiais e ferramentas... así coma contribuír ao desenvolvemento do sector artesán en Vigo.
Entre as actividades a desenvolver están a de achegar ó público en xeral os modos de vida propios de Galicia a través de pezas que nos falan de oficios como os de carpinteiro, tecelá, oleiro, canteiro, cesteiro, ferreiro e goarnicioneiro. Todos eles transmiten a técnica, a presencia e o sentimento que caracterizan os oficios tradicionais.
O CAT mantén unha relación directa cos e coas artesáns e pon a súa disposición recursos para a investigación e por iso conta cun servicio bibliográfico, asesoramento legal, laboral e técnico, xestión de obradoiros artesanais, comercialización dos productos artesanais así como organización de cursos sobre técnicas e pezas específicas, creación e xestión do obradoiros artesanais, etc.
O CAT está situado no barrio histórico de Vigo, na Rúa Subida ao Castelo nº 10 e pódese visitar gratuítamente de luns a venres en horario de 10:00 h a 14:00 h; ademais dispón dunha programación didáctica onde os escolares poderán achegarse aos modos de vida propios de Galicia. A realización de visitas en grupo é previa concertación telefónica no número de teléfono: 986 220 758.
Descargar todas as imaxes