Moción sobre os camiños portugueses a Santiago que pasan por Vigo
A Comisión Informativa de Cultura deu conta dunha moción do grupo Democracia Progresista Galega sobre a solicitude á Xunta do recoñecemento oficial dos Camiño Portugués a Santiago que pasan por Vigo.<br />
Na exposicón de motivos da moción argumentase o seguinte: "A Asociación Amigos dos Pazos ven facendo dende hai certo tempo estudios preciosos, incluso con publicacións de moi boa factura, que conteñen datos históricos irrefutábeis sobre os Camiños Portugueses a Santiago, que xa dende a Idade Media pasaban, e seguen a pasar, por Vigo.
Esta benemérita Asociación, defensora do noso con teimosía, ven reclamando infructuosamente diante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia o recoñecemento de ditos camiños, con resultado negativo ata o momento, quizabes porque dende o Concello de Vigo non lle temos prestado a debida atención a este asunto.
Por outra banda, os Concellos de A Guarda e Baiona, así como o de Viana do Castelo, xa teñen decidido o seu apoio a esta nobre iniciativa.
Estamos nas proximidades dun novo Ano Santo, e como di a Asociación de Amigos dos Pazos na súa reivindicación, compre obter o recoñecemento oficial do Camiño Portugués pola Costa cara a Santiago non só polas axudas que por ese motivo se puidesen obter por parte da organización do Xacobeo, senón tamén porque as cidades polas que pasan os camiños recoñecidos aparecen en todas as propagandas mundiais do Xacobeo.
¿Tamén nisto Vigo vai seguir a ser discriminada? Unha moción deste Concelleiro na pasada Corporación, apoiando a petición de Amigos dos Pazos pra pedi-la restauración do Pazo de San Roque, deu os froitos apetecidos. E aí está debidamente restaurado pra ben de todos, cousa pola que compre felicitar a Caixanova. Confiemos en poder face-lo mesmo coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia."