Corina Porro manifestou hoxe durante a presentación do salón que "Vigo non podía perder esta oportunidade"
xoves, 17 xuñ 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, destacou durante a presentación de Vigo Náutica Internacional que "hoxe é un día importante para Vigo" e que "a cidade non podía perder a oportunidade de celebrar este evento, que suporá o pistoletazo de saída a un ano que terá como protagonista ao mundo da náutica, coa saída de Vigo da Volvo Ocean Race". Corina Porro indicou que "é responsabilidade do Concello querer sacar adiante o salón pola importancia que ten para Vigo".<br />
Corina Porro manifestou nos actos conmemorativos do Día de Portugal que "a partires do 2009 nos unirán rápidos camiños de ferro" e que hoxe "nos une o Camiño Portugués, que en ano Xacobeo adquire a&
xoves, 10 xuñ 2004
A alcaldesa, Corina Porro, destacou hoxe que o impulso ao Ave do Eixo Atlántico é a "mellor proba" do recoñecemento á importancia das relacións económicas e interpersoais de Galicia e de Vigo con Portugal. A rexedora lembrou , no seu discurso con motivo dos actos conmemorativos do Día de Portugal, que o 30 de outubro do ano pasado o Ministro de Cidades de Portugal e a entón Ministra de Administracións Públicas selaban o acordo en Madrid, e que suporá que en 2009 "nos unirán rápidos camiños de ferro". "Hoxe-engadiu a alcaldesa- dende hai longo tempo, tamén nos une o Camiño Portugués, que en ano Xacobeo adquire aínda maior relevancia".
martes, 8 xuñ 2004
"O movemento sindical ten a responsabilidade de reflexionar sobre a diversidade que existe entre os traballadores europeos e toma-la iniciativa para unha Europa social e laboral en igualdade para todos e todas". Con estas palabras dirixiuse esta mañá a alcaldesa Corina Porro na inauguración do V Congreso da Unión Comarcal de CC.OO. de Vigo que se celebra no centro social Caixanova.
A alcaldesa de Vigo e presidenta da Fundación Provigo, Corina Porro, e mailo rector da Universidade, Domingo Docampo, asinaron un convenio de colaboración entre ambas institucións
venres, 4 xuñ 2004
A Fundación Provigo e a Universidade colaborarán na promoción de actividades congresuais de carácter educativo e cultural. A presidenta do Padroado da Fundación Provigo e alcaldesa, Corina Porro, e mailo rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas institucións a través do cal a fundación aportará unha achega de 10.000 euros á Universidade para contribuir á organización de eventos de carácter educativo-cultural e investigador.
martes, 1 xuñ 2004
Air France inaugurou hoxe unha nova liña regular entre as cidades de Vigo e París, que estarán enlazadas por dous vós diarios en ambos sentidos operados pola súa filial rexional "Rexional" con aparatos Embraer 145 de 50 prazas.
martes, 1 xuñ 2004
A alcaldesa Corina Porro remitiu hoxe unha carta á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez solicitándolle unha reunión para tratar, entre outros asuntos, do anuncio realizado por RENFE polo que os pasaxeiros do área Vigo-Ourense deberán realizar un transbordo para poder conectar con Madrid vía Talgo, debido, supostamente ao accidente ocorrido hai uns días en Linarejos (Zamora). Ademais a compañía ferroviaria asegura que a liña non disporá de máquina Talgo ata o ano 2005.
A alcaldesa e o presidente da Deputación asinan un convenio para a execución de diversas obras, que inclúe tamén a construcción do Centro Cultural Cabral Feira
xoves, 20 mai 2004
O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra colaborarán na execución de obras de pavimentado en dezaoito rúas da cidade, así coma na construcción do Centro Socio-Cultural de Cabral Feira. A alcaldesa, Corina Porro, e mailo presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, asinaron esta mañá un convenio de cooperación económica para o financiamento de diversas obras na cidade por importe de 2.018.101,20 euros.
<br />
venres, 14 mai 2004
POR ORDE dos corenta e dous guardiáns e gardianas da memoria colectiva rescatados neste Días das Letras Galegas que-malia dictaduras, prohicións e desidias que marcaron cicatrices na alma da nosa paisaxe, souberon pasar o facho desta difícil carreira de relevos.... POR ORDE, tamén, de toda esa xente anónima que, como tesouros mariños, aínda permanecen ocultos no mar do esquecemento, FAISE SABER QUE
Corina Porro reuniuse hoxe co director xeral de Air France, que comunicou á alcaldesa a decisión da compañía de por en marcha, a partires do 1 de xuño, dous novos enlaces diarios directos co aeroporto Charles de Gaulle
venres, 14 mai 2004
Corina Porro destacou hoxe que a decisión da compañía francesa Air France de pór en marcha dous vos diarios entre Vigo e París "fará de Vigo unha cidade máis competitiva". A alcaldesa entrevistouse hoxe co director xeral de Air France, Jacques de Chambrun, o delegado para o Norte de España da compañía e o director de ventas, que comunicaron a decisión da compañía aérea de por en marcha, a partires do 1 de xuño, dous novos enlaces diarios directos entre Vigo e o aeroporto Charles de Gaulle da capital gala. "Isto suporá que Vigo estará conectada a diario coa rede internacional de Air France, con Europa, África, Asia e América Latina, o que reforzará a actividade de moitas empresas da cidade e contribuirá a que Vigo sexa unha cidade máis competitiva", dixo.
A alcaldesa deu hoxe a saída dende a praza do Rei aos escolares que participan no Correlingua 2004
venres, 7 mai 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, abogou hoxe pola normalización definitiva da lingua galega. Corina Porro, quen deu hoxe na praza do Rei a saída aos 2.500 escolares vigueses que participan na marcha pola lingua Correlingua 2004, manifestou que "o simbolismo desta carreira en defensa do idioma galego agocha unha clara necesidade: a normalización definitiva do uso da nosa lingua na escola, no mercado, no traballo, na casa...", e lembrou que "antes ca nos protexeron e defenderon o noso idioma as irmandades da fala, a xeración Nós, Risco, Castelao ou Otero Pedraio".