Abel Caballero reitera o seu desacordo co cobro das peaxes nas autovías lusas

xoves, 22 xul 2010

O alcalde vigués e presidente do Eixo Atlántico transmitirá novamente a súa "insatisfacción" ao Ministro de Obras Públicas e ao presidente portugués pola decisición do goberno luso. Deste xeito ratifícase a decisión adoptada a pasada semana na executiva do Eixo de trasladar aos gobernantes do país veciño o desacordo coa implatación da peaxe na A-28.<br />

O alcalde inaugura a humanización de Eugenio Kraff

xoves, 22 xul 2010

O alcalde vigués lembrou que se trata dunha segunda fase na que se investiron preto de 400.000 euros cun esforzo importante en mobiliario, calidade de materiais, renovación das redes soterradas de servizos, granito en superficie, arborado e bancos. Indicou que ésta é unha das últimas rúas de Balaídos que quedaban por humanizar e que amosa a vontade de atender a todas as zonas de Vigo por igual

O alcalde almorzará mañá cos nenos que participan no campus de verán Vigozoo

mércores, 21 xul 2010

Tras arrancar hoxe o primeiro campamento de verán en Vigozoo, no que os rapaces disfrutan dun completo abano de actividades preparadas pola concellería que dirixe a socialista Chus Lago, Abel Caballero estará mañán con eles durante o tempo do almorzo. Desde visitas guiadas diurnas e nocturnas ata xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros ou xogos de animación os nenos pasarán dous días intensos nun marco de excepción.

Concello e Favec traballan xa nunha proposta para solucionar o problema do suministro eléctrico de Barreiro

mércores, 21 xul 2010

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, reuníuse esta mañán coa nova xunta directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao. Tal e como se acordara hai uns días no encontro que a Federación veciñal mantivo co alcalde estánse a buscar posibles saídas que se trasladarán a Unión Fenosa, organismo que lle reclama aos propietarios o pago da conexión que a promotora non fixo antes de escriturar os pisos.