O alcalde visita o Mercado de Teis para coñecer as necesidades de veciños e comerciantes

luns, 20 dec 2010

O alcalde e os concelleiros de Vías e Obras, Isaura Abelairas, e de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este luns o mercado de Teis e o seu entorno para coñecer de primeira man as necesidades do barrio vigués e dos comerciantes, tal e como fixo en pasadas datas no Progreso, nas Travesas e no Calvario. Abel Caballero charlou cos veciños e os usuarios do mercado e coñeceu as súas demandas.

O alcalde finaliza cunha lectura de Martín Códax o recital literario cidadá que inaugurou a humanización de Policarpo Sanz

venres, 17 dec 2010

Unha quincena de cidadáns deron lectura este venres a unha serie de textos literarios vencellados con Vigo, recintal que rematou Abel Caballero coas Cantigas de Martín Códax e que serviu para abrir a humanización de Policarpo Sanz. O grupo Troula animou a visita á rúa coa percusión. O alcalde salientou que "estou convencido de que, hoxe, esta é a verdadeira milla de ouro de Europa" e agradeceu o esforzo da empresa, arquitectos, traballadores, veciños e comerciantes da zona.

O alcalde inaugura a humanización da rúa Espedrigada, en Balaídos, con 350.000 euros de investimento

xoves, 16 dec 2010

Abel Caballero e a senadora pola provincia, Carmela Silva, antiga veciña da rúa, inauguraron hoxe xoves cos veciños á reforma da Espedrigada, en Balaídos, onde o Concello investíu case 350.000 euros na pavimentación, renovación do abastecemento e construción dunha beirarrúa. O alcalde recordou que "en Vigo, todos os cidadáns son iguais" e reiterou a "vontade" municipal de "seguir humanizando todas as zonas da cidade".

Caballero garante a cooperación municipal para ampliar o colexio Martín Códax

xoves, 16 dec 2010

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, entrevistáronse coa directiva do colexio Martín Códax este xoves para abordar conxuntamente o proxecto do centro educativo de ampliar as súas instalacións, proposta que Abel Caballero ve "con bos ollos". O rexedor vigués reiterou que "a educación é un elemento central na nosa forma de entender Vigo".

O alcalde afirma que a humanización de López Mora é a "mostra da política activa do Concello na xeración de emprego"

mércores, 15 dec 2010

Abel Caballero visitou hoxe mércores os traballos de humanización da rúa López Mora, con case 3,5 millóns de euros de investimento, unha obra que emprega de xeito directo a 24 persoas durante medio ano, ademais dos postos de traballo indirectos que supón o granito elaborado no área de Vigo. O alcalde tamén subliñou a renovación das canalizacións soterradas de abastecemento e saneamento "nunha das zonas que máis o necesitaba".

O alcalde reclama á Xunta a titularidade para Vigo do vial que une a cidade con A Ramallosa

mércores, 15 dec 2010

Abel Caballero anunciou este mércores o envío dunha carta á Xunta de Galicia reclamando a transferencia da titularidade da parte do vial PO-325 (que une a cidade con A Ramallosa) que pasa por Vigo. O alcalde recordou que tamén "estamos na tramitación" da cesión da Avenida de Madrid, desde Puxeiros ata a Praza de España, como parte da política municipal de que "todas as competencias que teñan que ver coa atención aos cidadáns as teñamos no Concello".

A Cadena SER realizou desde Vigo o seu matinal nacional "A vivir que son dos días" pola celebración do Bicentenario da Cidade

luns, 13 dec 2010

O equipo de Montserrat Domínguez desprazouse onte domingo ata o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para retransmitir o seu programa matinal da fin de semana "A vivir que son dos días", dentro da programación do Bicentenario da Cidade. O espazo radiofónico repasou a historia da cidade con entrevistas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e ao director do Museo Quiñones de León, Pepe Ballesta, entre outros.