Escoitar

O goberno local propón que o Centro Oceanográfico de Vigo reciba a Medalla da Cidade

Caballero avanzou esta mañá as propostas do goberno local para a celebración dos Vigueses Distinguidos desde 2017. A Medalla da Cidade, máximo recoñecemento, recaerá este ano no Centro Oceanográfico do Instituto Español de Oceanografía.

luns, 20 mar 2017
O Pleno da Corporación elixirá o mércores os Vigueses Distinguidos e a Medalla da cidade deste 2017. Así o avanzou o rexedor nunha rolda de prensa na que destacou que o máximo recoñecemento recaerá este ano no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía en agradecemento polos cen anos de traballo que cumpre esta institución na cidade defendendo a causa xusta a ecoloxía, do medio ambiente e a defensa e o coñecemento dos océanos.

O Centro recreativo, artístico e cultural de Coruxo (Cracc) será un dos Vigueses Distinguidos deste ano, polo seu 50 aniversario como referente da vida social, cultural da zona. Tamén será recoñecido José Silveira Cañizares, notable empresario procedente de Extremadura, leva medio século en Vigo e destaca o seu gran patrimonio empresarial. Ramón Patiño Gómez, arqueólogo e historiador nacido en Coia, é pioneiro en darlle valor ao patrimonio somerxido de todas as rías galegas. Mayeusis Conservatorio, por levar 30 anos formando vigueses; Mercedes Oliveira Malvar, catedrática de Filosofía, é unha voz autoridade en igualdade e feminismo; o colexios As Acacias e Montecastelo, que cumpren medio século impartindo clases nesta cidade e, por último, a Asociación de comerciantes do Casco Vello, en representación da recuperación do Casco Vello