O Concello adxudica provisionalmente a xestión da escola infantil de Santa Marta por 747.000 euros
O goberno vigués aprobou a clasificación de ofertas (antiga adxudicación provisional) para a contratación deste servizo por catro anos. Abel Caballero avanzou que a mellor valorada oferta unha baixa de case o 13% sobre o importe de licitación. O Concello de Vigo conta con 620 prazas en oito escolas infantís municipais.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de xestión da escola infantil municipal de Santa Marta, no Casco Vello de Vigo. A proposta mellor valorada oferta unha baixa de case o 13% e prestaría o contrato, de adxudicárselle definitivamente, por 747.000 euros durante catro anos. Así o informou este venres o alcalde de Vigo, quen abondou que o contrato pode ser prorrogable por dous prazos dun ano cada un.
Caballero puxo en valor a "importancia" das escolas infantís, oito de titularidade municipal que contan este curso con 620 prazas, e os beneficiarios abonan a metade do que se paga nos centros da Xunta de Galicia, que este ano subiu as tarifas mentres o Concello as mantén un ano máis conxeladas.
Outros acordos
O rexedor deu conta esta mañá doutros puntos acordados polo goberno vigués na súa reunión de onte, como a aprobación do convenio co Conservatorio Superior de Música de Vigo, polo que o Concello achega 7.000 euros para colaborar na organización do Festival de Música e das Artes "Nas Ondas" deste ano.
Ademais, decidiuse o préstamo de catro obras de Ánxel Huete ao MARCO para a exposición temporal que repasará a traxectoria do artista, e que acollerá o céntrico museo vigués desde o 28 de abril ata o 17 de setembro. Os traballos en préstamos, apuntou Caballero, pertencen á colección do Museo Quiñones de León.
E tamén vencellado coa cultura, o goberno de Vigo deu luz verde á subvención de 40.000 euros á Fundación Laxeiro para o seu funcionamento este ano. Segundo valorou o alcalde, a achega do Concello supón practicamente a metade do seu orzamento, mentres que a Xunta concede 15.000 euros (o 18% do seus ingresos), a Deputación outorga 12.000 euros (o 14%) e o resto procede do autofinanciamento. A administración local ademais engade o espazo e obras do propio Laxeiro.