martes, 14 mar 2017
O Concello inicia o procedemento para a convocatoria de axudas, por concorrencia competitiva, á instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos. O alcalde revelou que a convocatoria de 2017 ascende a 50.000 euros.
martes, 14 mar 2017
Ryanair inicia a conexión de Vigo con Milán e Edimburgo a finais de marzo ofrecendo 23.000 asentos adicionais, algo que o alcalde valora como parte da "consolidación" da terminal neste 2017
martes, 14 mar 2017
O alumnado de primaria de diferentes centros da cidade participa dende hoxe e ata o mes de maio no programa "Magas" co que o goberno municipal quere achegarlles a traxectoria de mulleres senlleiras do ámbito artístico, científico, laboral ou deportivo, entre elas estarán Maruja Mallo ou Rebeca Atienza. O alcalde saudou hoxe no Auditorio do Concello aos escolares que coñeceron, de xeito didáctico e divertido, a historia da oceanógrafa Ángeles Alvariño.
martes, 14 mar 2017
O alumnado do Colexio Montecastelo presentoulle ao rexedor o robot que deseñaron pensado para o ámbito da xestión de residuos e o coidado do medio ambiente, co que se proclamaron vencedores do torneo de robótica First Lego League celebrado en Burgos. A próxima cita será a gran final nacional do concurso que se terá lugar en Logroño esta fin de semana. <br />