O LIII Concurso Internacional da Camelia reúne en Vigo a 34 expositores
O alcalde convidou a toda a cidade a visitar a mostra, que se exhibirá desde o sábado e ata o luns no Auditorio Mar de Vigo, porque poderán ver "as camelias máis fermosas do mundo".
Concello organiza a 53 edición do Concurso-Exposición Internacional da Camelia que se inaugura mañá sábado ás 18:30 horas da tarde no Auditorio Mar de Vigo e que permanecerá aberta ao público ata o luns día 20 de marzo pola tarde.
Segundo explicou Abel Caballero, a mostra "excepcional" contará coa presenza de 34 expositores chegados de diferentes lugares de Galicia e permitirá contemplar as "máis fermosas camelias do mundo, as mellores e máis bonitas" polo que convidou á cidadanía viguesa a que se achegue polo Auditorio para poder gozar desta oportunidade.
Esta nova edición do Concurso-Exposición premiará os mellores conxuntos de variedades de camelia a a mellor flor individual en diferentes variedades (reticulata, híbridos de camelia, camelia xapónica e mesmo presentación artística). Amais, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.