Escoitar

O Goberno de Vigo e o sector hoteleiro colaboran na promoción turística da cidade

O rexedor reuniuse este venres con representantes do sector hoteleiro de Vigo para analizar a súa situación actual, abordar a cooperación dos hoteis como puntos de información turística da cidade e a repercusión dos eventos promovidos polo goberno local na súa actividade.

venres, 17 mar 2017
1489759227hoteis.JPG
Abel Caballero mantivo un encontro con directores e propietarios de diferentes hoteis da cidade co fin de valorar a situación do sector, que achega datos positivos no relativo ás pernoctas xa que, segundo expuxo, subiron un 15% en 2016 respecto ao ano anterior ao rexistrárense 721.000, fronte ás 606.000 de 2015.

Así, o Concello e os hoteleiros acordaron que os establecementos funcionen como puntos de información turística para presentarlles ás persoas que visitan a cidade toda a oferta que teñen dispoñible durante o tempo da súa estadía. Desta maneira, serían "como oficinas municipais de turismo", en palabras do alcalde.

Caballero transmitiulles aos representantes do sector a súa vontade de "seguir influíndo" na actividade turística coa promoción e apoio a grandes eventos como O Marisquiño, o Vigo street stunts, Conxemar, Navalia ou os Campeonatos nacional de dardos e Galego de billar. Ademais adiantoulles que a celebración en 2018 do Campionato de España de Balonmán infantil, cadete e xuvenil en Vigo e Pontevedra supoñerá a ocupación "practicamente total" dos hoteis durante unha semana.
Descargar todas as imaxes