Escoitar

O Concello arranca co programa educativo "Vigo Historia: A Reconquista"

Case que mil nenos e nenas de varios colexios da cidade participan desta iniciativa municipal, que ten lugar durante o mes de marzo. Ofréceselles un itinerario didáctico guiado polos espazos máis destacados de Vigo relacionados coa Reconquista, explicou Caballero este xoves.

xoves, 16 mar 2017
1489670783itinerario.JPG
O Concello de Vigo promove desde hoxe xoves, e ata finais de marzo, o programa educativo "Vigo Historia: A Reconquista", unha proposta na que participan case que mil escolares de 5º e 6º de Primaria de varios colexios de Vigo.

Segundo explicou Abel Caballero, o goberno vigués ofrece con esta iniciativa un itinerario didáctico guiado polos espazos da cidade con maior relación coa Reconquista, por exemplo, a Porta do Sol, a Praza da Constitución e a rúa Gamboa, entre outras. O alumnado fai o percorrido xunto con expertos caracterizados de época que lles narran os feitos históricos apoiados con materiais didácticos, paneis, obxectos e pezas sobre a Reconquista.
Descargar todas as imaxes