O alcalde eloxia o novo aparcadoiro e a humanización de Castelao, "consistente e acorde coa zona"

martes, 9 nov 2010

Abel Caballero, xunto con concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación Municipal, asistiron este martes á inauguración do novo aparcadoiro soterrado da Avenida de Castelao, e a apertura da humanización en superficie. O novo estacionamento, unha "gran demanda" dos veciños da zona, conta con 400 prazas, suma en total case 10 millóns de investimento e será de balde ata o próximo luns, 15 de novembro.

Caballero subliña que o novo hotel xunto ao Auditorio de Beiramar supón "un paso clave no turismo de congresos" de Vigo

luns, 8 nov 2010

O alcalde visitou hoxe luns o novo hotel de catro estrelas habilitado xunto ao Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, xa rematado a falta da decoración interior. A apertura ao público desta nova dotación -que suma 125 habitacións e empregará a 60 persoas- estímase para febreiro. Abel Caballero afirmou que Vigo ten "vocación de cidade turística e de servizos" e o novo hotel "xera sinerxias" e permitirá avanzar no "turismo de congresos" da cidade.

O alcalde data para primavera a apertura ao público das reformadas instalacións deportivas da ETEA

luns, 8 nov 2010

Segundo informou Abel Caballero, o goberno local deu luz verde á adxudicación definitiva do arranxo da piscina e da pista polideportiva da ETEA, nas que o Concello investirá 860.000 euros. O alcalde anunciou máis melloras en Teis, como as adxudicacións da reforma de Toural e Ríos, a fábrica de Garavilla e os acondicionamentos da rúa Coutadas e da parte inicial de Julián Estévez.

O alcalde transmite o seu "apoio" aos traballadores de POVISA e pide á Xunta que dea "seguridade" aos empregos e á "asistencia sanitaria" da comarca

venres, 5 nov 2010

Abel Caballero reuníuse este venres co Comité de Empresa de POVISA para amosarlles o seu "apoio" polo ERE presentado pola dirección, que pon "en risco" aos 1.500 postos de traballo do centro, e demandou á Xunta de Galicia que xere "seguridade" nos empregos e na asistencia sanitaria da comarca viguesa. "Non asumimos que se xere incertidumbre sobre o futuro laboral de 1.500 persoas", concluiu o rexedor.

Caballero inaugurou a humanización e o aparcadoiro soterrado de Jenaro de la Fuente, con case 500 prazas

venres, 5 nov 2010

O alcalde de Vigo e concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación asistiron este venres á apertura do aparcadoiro de Jenaro de la Fuente e da humanización "con granito da mellor calidade" en superficie, unha reforma que supuxo un investimento de 10 millóns de euros. O parking ten 474 prazas, o 20% destas para residentes, e será gratuito durante a primeira semana.

O Concello paraliza parte da humanización de Celso Emilio Ferreiro ata que se cataloguen os vestixios romanos atopados

venres, 5 nov 2010

Abel Caballero mandatou este venres a paralización parcial da humanización de Celso Emilio Ferreiro debido aos restos arqueolóxicos romanos atopados no subsolo. As catas comezaron antonte e os arqueólogos municipais están a avaliar o que parecen ser pedazos de ánforas romanas. O alcalde felicitouse polo descubrimento e indicou que a humanización adaptarse aos restos atopados.

O alcalde transmitirá aos traballadores o "apoio" municipal e a súa "enorme preocupación" por un ERE en POVISA

xoves, 4 nov 2010

Abel Caballero anunciou hoxe xoves unha reunión para mañá co Comité de Empresa de POVISA, unha vez coñecido que o SERGAS non renovou o concerto co centro sanitario vigués. "POVISA está a suplir a carencia sanitaria pública histórica deste territorio", indicou o rexedor, que amosou a súa "preocupación" porque esta decisión deixe sen traballo a 1.000 profesionais e merme a "calidade sanitaria" da área viguesa.

Caballero establecerá contactos con entidades da cidade para recabar "apoios para o aeroporto de Vigo"

xoves, 4 nov 2010

O alcalde de Vigo anunciou este xoves que o próximo luns iniciará unha rolda de contactos con axentes sociais da urbe para conseguir "apoios para o aeroporto de Vigo na súa competencia con Oporto". Esta decisión nace días despois de que Peinador perda as súas conexións internacionais subvencionadas pola Xunta, que pola contra continúan en Coruña e Santiago.

O alcalde consegue o apoio de RACE e Rede Eléctrica de España ao proxecto vigués de cidade piloto do coche eléctrico

xoves, 4 nov 2010

Abel Caballero mantivo este xoves unha reunión con directivos do Real Automóbil Club de España e de Rede Eléctrica de España dos que "temos todo o seu apoio" para a consolidación de Vigo como cidade piloto do coche eléctrico. Segundo avanzou, en febreiro montarán un stand de "presentación e demostración" do emprego do vehículo eléctrico, sendo Vigo unha das oito urbes estatais elexidas para este proxecto.

O alcalde reiterou a súa "defensa inequívoca dos traballadores de Vulcano" e demandou o aval que permita a construción do buque 533

mércores, 3 nov 2010

Abel Caballero manifestou este mércores a súa confianza en que a reunión de hoxe entre PYMAR (Pequenos e Medianos Astaleiros en Reconversión) coa dirección e os traballadores de Vulcano saia a decisión de avalar a construción do buque sísmico para que a empresa poida retomar a súa actividade. O alcalde reiterou a súa posición "inequívoca de defensa dos traballadores de Vulcano e concretada en que teñen que sacar desa reunión a fórmula para que PYMAR dea o aval dos 4,5 millóns de euros para que se poida concluír o buque 533".