Escoitar

O alcalde eloxia a calidade da auga en Vigo durante unha visita escolar a Aqualia

Caballero acompañou a un grupo de escolares do colexio San José de A Guía que e esta mañá visitaron as instalacións de Aqualia. Durante o percorrido, o rexedor trasladoulles aos alumnos que a auga de Vigo é de gran calidade e barata.

martes, 17 xan 2017
1484661172Aqualia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañou a un grupo de 25 escolares do colexio San José de La Guía na xornada de portas abertas que Aqualia realiza con distintos centros docentes da cidade. Trátase dunha iniciativa que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo realiza co obxectivo de dar a coñecer o ciclo integral do auga e poñer en valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga. En posterior rolda de prensa, Caballero apuntou que lles trasladou aos escolares que Vigo conta con auga de gran calidade e moi barata, ademais de darlles conta de que a presa de Eiras está ao 80% da súa capacidade a pesar da seca que estamos a atravesar. Concretamente, dixo que o embalse ten a mesma porcentaxe de auga que outros anos máis pluviosos porque, cando chove, nunca se deixa que a capacidade chegue ao 100%. Neste punto, engadiu que desde Eiras abastécese a moitos municipios da Área Metropolitana, nalgúns casos, con prezos por debaixo do custo.
Descargar todas as imaxes