luns, 16 xaneiro 2017

O Concello investirá 250.000 euros nos accesos ao IES Rosais I

luns, 16 xan 2017

O alcalde comprometeu estas obras logo de manter unha reunión coa dirección do centro, que demanda unha solución ante os problemas de acceso tanto rodado como peonil ao recinto. Caballero sinalou que o Concello fará as obras ante "o abandono" dos centros públicos vigueses por parte da Xunta de Galicia. <br />

O Concello activa a Unidade de frío para atender ás persoas que rexeitan durmir no albergue

luns, 16 xan 2017

O rexedor avanzou esta mañá a posta en marcha do dispositivo do frío para atender ás persoas que non queren durmir no albergue. En previsión da baixada de temperaturas, tratarase de convencer a estas persoas para que pasen estas noites no albergue municipal ou en calquera cos que ten acordos o Concello. En todo caso, repartirase café quente e mantas, acción na que tamén se contará coa colaboración da Policía Local.