O goberno de Vigo ve "prioritario" o Salón do Automóbil e compromete máis apoio este ano
Despois dunha entrevista celebrada este venres, Abel Caballero informou que a dirección do Salón propón incrementar o espazo expositivo na edición 2017, "o que significará axuda adicional do Concello, porque para nós o Salón do Automóbil en Vigo, a cidade do automóbil, é absolutamente prioritario".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión co presidente de comité organizador, José Manuel Fernández Alvariño, e co director do Salón, José Enrique Elvira, para abordar a vixésimo sexta edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará na primavera.
Caballero indicou que as 25 edicións do Salón do Automóbil en Vigo foron "excepcionais" e avanzou que "volveremos ter un gran Salón do Automóbil" este ano "e ahí estará o Concello, con toda a cooperación que sexa precisa", concluíu.
Descargar todas as imaxes