Escoitar

A humanización de Doutor Corbal incorporará unha placa en homenaxe ao médico que lle da nome á rúa

Caballero avanzou esta mañá que a humanización de Doutor Corbal ascenderá a 468.000 euros e terá un prazo aproximado de execución de seis meses. As obras -comprendidas entre Sanjurjo Badía e Camiño Maceiras-, incluirán unha placa en lembranza do médico que lle da nome á rúa.

xoves, 12 xan 2017
1484228388corbal.JPG
A humanización, que xa está en marcha, estenderase desde Sanjurjo Badía ata Camiño Maceiras e conta cun orzamento de 468.000 euros. Cun prazo de execución aproximado de seis meses, os traballos incluirán a ampliación de beirarrúas -ata 3 metros-, mentres que diante do colexio San José da Guía, ampliarase a 6 para dar cabida a un aparcamento de bicicletas. Respecto do tráfico, tamén se establecerá un plan de entradas e saídas do centro educativo para facilitar a circulación na zona.

Segundo detallou o rexedor, renovarase a rede de abastecemento, separaranse pluviais e fecais, instalarase rego automático e novo mobiliario. Os semáforos levarán ópticas de leds de verde de peón con sistema acústico para invidentes integrado -activable por bluetooth ou mando a distancia-. Plantaranse árbores nas beirarrúas e se colocará un poste de aceiro inoxidable unha estación meteorolóxica, que ademais de captar datos, terá finalidade didáctica.

Caballero engadiu que tamén se colocará unha placa de bronce conmemorativa, en homenaxe ó Doutor Cesáreo Corbal (1885 – 1952), que desenvolveu a súa labor profesional no barrio de Teis e era coñecido como o "médico dos pobres", que con gran xenerosidade atendía desinteresadamente á xente sen recursos. Esta placa levará inscrita una breve biografía do doutor e unha imaxe súa.
Descargar todas as imaxes