Escoitar

Concerto de Airas Ensemble na Fundación Laxeiro

Airas ensemble presenta o seu primeiro disco nun concerto no que interpretarán obras de Jesús Bal y Gay e Darius Milhaud, como unha pequena mostra do que se pode escoitar no seu primeiro CD.O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

xoves, 12 xan 2017
1484228843image001.jpg
Airas ensemble presenta o seu primeiro disco nun concerto no que interpretarán obras de Jesús Bal y Gay e Darius Milhaud, como unha pequena mostra do que se pode escoitar no seu primeiro CD, editado polo selo catalán Columna música, con obras de Poulenc, Milhaud, Jolivet e a primeira gravación mundial do Divertimento para maderas do compositor galego Jesús Bal y Gay, un dos autores máis interesantes da Xeración da República.

A gravación desta peza do compositor galego, supón unha auténtica primicia, debido a que á a primeira vez que se rexistra fonográficamente, a partir da partitura manuscrita do autor, que se conserva na Residencia de Estudiantes de Madrid, debido a que a peza permanece sen editar.

O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

O proxecto nace en 2011, co propósito de difundir a música camerística de vento, principalmente do século XX, tratando de mostrar as posibilidades sonoras dos instrumentos de vento e conseguindo así unha interesante variedade de estilos e resultados tímbricos que, ás veces combinan con outros instrumentos como o piano, como sucedeu recentemente coa colaboración co pianista Enrique Bagaría, gañador do Premio María Canals de Barcelona.

Habituais dos principais ciclos de música de cámara nacionais e internacionais, é na música do século XX onde esta formación se atopa máis cómoda, debido á ampliación das posibilidades sonoras dos seus respectivos instrumentos.

O concerto terá lugar nunha das sals que albergan a Colección permanente da Fundación Laxeiro.
Descargar todas as imaxes