O alcalde anunciou o investimento de 4,5 millóns para humanizar Brasil, Ramón Nieto e Pintor Colmeiro

venres, 7 out 2011

A Xunta de Goberno deu luz verde aos proxectos de humanización das rúas Brasil, fase II de Ramón Nieto e Pintor Colmeiro cun investimento de 4,5 millóns de euros. Estas obras enmárcanse dentro do plan de reformas de rúas que o alcalde anunciou en setembro, cun orzamento total de 16 millóns de euros e que inclúe tamén as rúas Aragón, Nicaragua, Juan Ramón Jiménez, Martínez Garrido, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo. Todas serán licitadas este ano.

Caballero avanza o comenzo "inmediato" das obras de adaptación da Escola de Hostelería

venres, 7 out 2011

O Concello de Vigo comenzará de "xeito inmediato" as obras de adaptación da antigua Escola de Hostelería para convertilo en albergue provisonal e permanente. O rexedor fixo este anuncio logo de manter un encontro "moi satisfactorio" con responsables de Émaus, a ONG encargada de xestionar as instalacións, aos que lles transmitiu a súa intención de proseguir con estas obras, xa que a cesión do edificio das Misioneras do Silencio "está suxeito a moitos interrogantes" e non podemos chegar a xaneiro sen albergue, explicou.

O rexedor data para decembro o inicio do derrubo parcial do edificio ilegal de Churruca

venres, 7 out 2011

A Xerencia de Urbanismo deu este venres luz verde aos pregos de condicións para a contratación do derrubo parcial do edificio de Churruca 3-5, afectado por unha sentenza xudicial. O alcalde explicou que o Concello executa a sentenza de modo subsidiario, polo que repercutirá ao promotor os 557.000 euros do custo da operación. A comezos de decembro iniciarase a demolición dos andares 9 e 10, deshabitados.

O alcalde aposta porque a Marca Vigo permita "difundir e coñecer" a nosa cidade en toda España

martes, 4 out 2011

Abel Caballero avogou hoxe martes porque a Marca Vigo permita difundir e coñecer a nosa cidade en toda España. Durante unha intervención no Foro Nova Economía, Caballero culificou de "estratéxicos e vitais" a industria da automoción e o naval, ao tempo que avanzou, con apoio dos orzamentos municipais, "unha aposta decidida pola diversificación económica". Nesta liña anunciou "unha grande movilización desta cidade buscando o seu futuro, potenciando a capacidade de Vigo para facer escoitar a súa voz", un proxecto, que se canalizará a través da Vigo Convention Bureau. <br />

Abel Caballero asegura que "manteremos a presión" sobre Xunta e Goberno de España para que "manteñan as políticas industriais"

martes, 4 out 2011

Nunha conferencia ofrecida este martes do "Forum Europa. Tribuna Galicia" polo inicio do curso político, o alcalde de Vigo avogou por continuar presionando á Xunta de Galicia e ao Goberno de España para que manteñan as políticas dirixidas aos sectores industriais estratéxicos. Na súa intervención, Caballero subliñou os investimentos de José Blanco en Vigo desde o Ministerio de Fomento, en particular os 650 millóns de euros da integración ferroviaria na primeira cidade de Galicia.

O alcalde afirma que Vigo é a cidade da pesca e reclama apoio institucional a Conxemar

martes, 4 out 2011

No acto de apertura da décimo terceira edición desta Feira do Conxelado, Abel Caballero subliñou a tradición pesqueira e transformadora da cidade de Vigo e reclamou o respaldo das institucións a Conxemar. O evento, que pechará as súas portas o xoves, reúne no IFEVI a 520 expositores de 39 países completando a totalidade da superficie bruta expositiva, 31.500 metros cadrados. <br />

O rexedor recibe a un grupo de policías que realizan escaladas no programa "Vigo en las alturas"

luns, 3 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe luns un encontro cun grupo de efectivos da Policía Local que realizan escalada, dentro do programa "Vigo en las auturas". Os membros deste grupo compartiron co rexedor as súas experiencias na montaña e recordaron o seu ascenso ao Atlas, no que fixeron os tres catro miles (segundo pico máis alto de África) e nos Andes, no cerro Plata, un pico de 6.050 metros, nos que colocaron a bandeira de Vigo. Tamén lle transmitiron a súa intención de coronar algún pico do Nepal.

Caballero asegura que a cesión ao IFEVI de 600 aparcamentos en Peinador resolve un dos "grandes problemas" do recinto feiral

luns, 3 out 2011

<br /> O alcalde de Vigo recibiu hoxe luns esta "magnífica nova" tras terse asinado o convenio na Alcaldía entre o Instituto Feiral de Vigo e o aeroporto de Vigo. Segundo explicou Caballero, o novo aparcamento de Peinador reservará 600 prazas -ampliables a 900, dependendo da demanda- para uso do recinto feiral, resolvendo así "un dos grandes problemas" do IFEVI.

O alcalde di que "non imos abandonar o proxecto do actual albergue ata que estea asegurada" a opción de Marqués de Valterra

luns, 3 out 2011

Abel Caballero certificou hoxe luns "Vigo vai ter albergue" ben no edificio da antiga Escola de Hostelería, ben en Marqués de Valterra, proposto polos Misioneros do Silencio este pasado fin de semana. Os traballos de adaptación do inmoble do Berbés continuarán segundo o plan previsto, ao ser "imprescindibles" para acoller calquera uso municipal.