O Concello cooperará cos universitarios vigueses que competirán na Fórmula Student

venres, 27 feb 2015

Tras a entrevista celebrada este venres, o alcalde anunciou que o goberno local colaborará co equipo de 15 estudantes de Industriais de Vigo, que deseñou e construirá un vehículo de carreiras co que competir na Fórmula Student contra outras universidades europeas. Para Caballero, o proxecto constata a "enorme capacidade de desenvolvemento tecnolóxico que ten esta Universidade".

O alcalde leva ao Pleno do Consorcio a participación de Zona Franca na remodelación de Balaídos

mércores, 25 feb 2015

Na tarde deste mércores, Abel Caballero planteará ao Pleno da Zona Franca unha declaración para que o Consorcio participe na reforma do estadio, negociando co Concello a remodelación da bancada de Marcador. O alcalde amosou o seu "convencemento absoluto" de que Zona Franca pode reformar "a totalidade ou unha parte" da recinto, dentro da normativa e do seu equilibrio económico.

Concello e Enxeñeiros Industriais intensificarán a súa colaboración

venres, 20 feb 2015

Nunha reunión celebrada este venres na Alcaldía entre o rexedor, Abel Caballero, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, ambas institucións acordaron "intensificar a cooperación", apuntou o alcalde, quen avanzou que "en poucos días faremos públicas decisións conxuntas" para afianzar a "boa" colaboración xa existente na actualidade.

Caballero subliña a "competitividade e produtividade" de Denso, con 330 empregados

venres, 20 feb 2015

O alcalde de Vigo visitou este venres á factoría de Denso Sistemas Térmicos España, tras unha breve reunión coa cúpula diretiva, unha fábrica localizada en Vigo que vende unidades de aire acondicionado, calentadores e módulos de refrixeración integrados. Caballero salientou a "notable" organización e diversificación da planta como claves da súa "competitividade e produtividade"

A Federación Provincial de Comercio distingue ao Concello de Vigo pola iluminación de Nadal

venres, 13 feb 2015

O alcalde de Vigo foi o encargado de recibir este venres, na Casa Galega da Cultura, o premio concedido pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, das mans do seu presidente, Angonio Reguera. Abel Caballero salientou o efecto positivo que provocou a iluminación de Nadal sobre o pequeno e mediano comercio vigués e, polo tanto, na economía da cidade. Amosou a súa vontade de que este impulso se manteña coa celebración do Entroido e da Festa da Reconquista.