A Corporación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas de Londres
O Concello decretou tres días de loito oficial nos que as bandeiras ondearán a media hasta en sinal de dor e repulsa polos atentados acontecidos o pasado sábado na capital británica. "En recordo das vítimas, en atención ás súas familias e no desexo de recuperación de todos os feridos", apuntou o alcalde tras o minuto de silencio gardado na Praza do Rei por todo o Goberno. Expresou tamén a "vontade de que a batalla contra o terrorismo internacional e contra os asasinos que traen tanta dor continuará na democracia, que gañará esta batalla como tantas outras que gañou". <br />
