Crystal Fighters súmase ao cartel das festas de Vigo cun concerto o 3 de agosto
O alcalde anunciou a nova cita da programación das festas de verán da cidade. O grupo inglés de música indie ofrecerá un concerto no Auditorio ao libre de Castrelos o xoves 3 de agosto. <br />
A programación das festas de verán de Vigo incorporan unha nova cita musical no mes de agosto. O xoves día 3 a banda de música indie e electrónica Crystal Fighters amosará o espectáculo da súa nova xira no Auditorio ao aire libre de Castrelos.
Abel Caballero puxo en valor a calidade musical do grupo nacido en Londres no ano 2007, apuntando que "sons uns cracks", e sinalou que formarán parte do cartel das "mellores festas que se fIxeron en Vigo na historia". Crystal Fighters súmase aos concertos de Miguel Bosé o 25 de xullo e de Carlos Vives o 27 de xullo, dúas citas que tamén forman parte das Festas de verán da cidade.