O rexedor felicita ao fútbol local polo seu labor na Copa Vigo, que celebra as finais no Vao
Caballero recibiu este venres a todos os estamentos implicados na Copa Vigo de fútbol afeccionado, competición que entrou na súa recta final tras unhas primeiras roldas nas que participaron 17 equipos masculinos e 6 femininos.
O alcalde, que agradeceu o esforzo e dedicación de directivos, árbitros, técnicos e xogadores, anunciou que as finais xogaranse no campo de O Vao, o sábado 10 en categoría masculina e o domingo 11 na feminina, sendo ambas ás 19:00 horas. Gustavo Falque, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, encabezou a longa representación de clubs e estamentos do fútbol local xunto ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
O Concello patrocina o trofeo máis antigo de Galicia e abona 1.000 euros ao equipo campión e 500 ao subcampión tanto en categoría masculina como en feminina.
Onte á noite concluíu o derradeiro partido dos cuartos de final da categoría masculina coa clasificación do Lavadores diante do San Miguel. Así, as semifinais, no Federativo de Coia, xogaranse o martes 6 (Lavadores-Gran Peña, 21:00) e o mércores 7 (La Guía-Racing de Castrelos, 21:00). O Gran Peña é o vixente campión e La Guía o subcampión.
Dos semifinalistas, o Racing de Castrelos é o que máis título posúe, seis (1979, 1993, 1994, 1995, 2002 e 2012) fronte a un único trofeo do Gran Peña (2016). Os outros dous oponentes nunca gañaron a Copa Vigo e o Lavadores disputou a final en dúas oportunidades: 1989 e 1992, hai agora 25 anos. La Guía xogou e perdeu a final do ano paado fronte ao Gran Peña.
En categoría feminina o cadro xa decidiu os finalistas. A final, inédita, entre o Sárdoma e o Atlántida de Matamá. Por vez primeira, e esta é a quinta edición do evento a nivel feminino, El Olivo non xogará a final (sempre a gañou), que será a máis aberta da súa curta pero intensa historia.
Descargar todas as imaxes