O Concello pide á Xunta que retire a súa candidatura e apoie Cíes Patrimonio da Humanidade como obxectivo de toda Galicia
Carlos Font reclamou á Xunta de Galicia que retire a súa recente proposta para as Illas Atlánticas e se poña á disposición do Concello "para lograr un obxectivo dos vigueses e de todos os galegos": a declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. A candidatura de Vigo ten respaldo social e catro anos de traballo previo.