Escoitar

O goberno local adxudica a redacción do proxecto da Gran Vía por 121.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas provisional para contratar a redacción do proxecto de execución das obras que permitirán percorrer a Gran Vía, entre as rúas Lepanto e Nicaragua, en dous minutos e medio mediante unhas cintas móbiles.

luns, 29 mai 2017
O alcalde de Vigo referiuse este luns á "transformación histórica" que vai supoñer esta obra coa que o goberno local quere salvar a pendente da Gran Vía que é dun "9%, unha zona dura e complexa, que estamos afeitos a subir e non o parece".

Así, a través das cintas móbiles transportadoras, sinalou o rexedor, "queremos eliminar as dificultades do terreo" para chegar á praza de España dende o cruce con Urzáiz nun tempo "de dous minutos e medio, entre a cinta e camiñar; máis rápido que un autobús".

A Xunta de Goberno vén de clasificar de forma provisional as ofertas presentadas para a contratación da redacción do proxecto de execución das obras, que serán unha parte do programa Vigo Vertical, cofinanciado polos fondos FEDER da Unión Europea. O licitador clasificado en primeiro lugar foi ICEASA CONSULTORES, cun orzamento de 121.000 euros, ascendendo o conxunto da obra a un presuposto total de 8 millóns de euros.