luns, 29 maio 2017

O rexedor coñece o labor educativo da Escola Infantil "A Camelia"

luns, 29 mai 2017

Abel Caballero percorreu este luns as instalacións do centro, situadas no barrio de Navia, apuntando a súa "forma espléndida de funcionamento" ao tempo que poñía en valor as 620 prazas en oito escolas infantís que subvenciona "cun importante nivel" o Concello. Durante a visita, o alcalde respondeu á curiosidade do alumnado polo seu traballo e o día a día do funcionamento municipal.