Escoitar

Concello e Universidade cooperan na recuperación da Factoría de Salazón Romana de Sobreira

A colaboración entre Concello e Universidade permitirá actuar de urxencia na Factoría de Salazón Romana de Sobreira para evitar a súa desaparición. O Concello achega 12.100 euros para financiar esta actuación.

xoves, 1 xuñ 2017
O alcalde deu conta do inicio dos traballos de escavación na Factoría de Salazón Romana de Sobreira, en Canido. Tratase, dixo, dun proxecto de cooperación coa Universidade para realizar unha intervención arqueolóxica de urxencia que permita paliar os efectos da erosión provocada polo paso do tempo e polo uso. Cun importe de 12.100 euros, o rexedor explicou que se trata dunha iniciativa máis dentro das accións de recuperación das salinas da cidade.