O Concello amplía o programa de concertos en Castrelos coa actuación de Carlos Vives
Tras ter anunciado a Miguel Bosé para o 25 de xullo, Abel Caballero avanzou hoxe mércores un segundo concerto no auditorio ao aire libre de Castrelos: o artista colombiano Carlos Vives actuará o 27 de xullo. Ambas actuacións forman parte do programa "Vigo en Festas 2017" que o goberno vigués elabora para este verán.<br />
O alcalde, Abel Caballero, anunciou esta mañá unha segunda data dentro do programa municipal estival "Vigo en Festas 2017": o concerto que ofrecerá Carlos Vives o próximo 27 de xullo.
Trátase da segunda actuación que confirma o Concello para o auditorio ao aire libre de Castrelos, despois de ter anunciada a presenza de Miguel Bosé dous días antes, o martes 25 de xullo.
Caballero resaltou a traxectoria do cantante e compositor, un dos artistas máis emblemáticos de Colombia e unha das figuras máis importantes da música latina, con máis de 50 millóns de discos vendidos. Carlos Vives vive un dos seus mellores momentos da súa carreira grazas ao éxito "La bicicleta", compartido con Shakira.
Información cidadá 010
En rolda de prensa, o alcalde vigués avanzou que a sesión da xunta de goberno local de mañá xoves aprobará a contratación do servizo de información cidadá no teléfono 010. Segundo expuxo Caballero, quen eloxiou a función deste "servizo excepcional", o Concello licita este contrato público por catro anos e cun orzamento de partida próximo aos 975.000 euros.