Caballero avoga pola arbitraxe como "unha solución eficiente dos conflitos na empresa"
O alcalde participou esta mañá na apertura do I Foro Galego de Arbritraxe organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Na súa intervención, destacou a importancia da promoción dos procedementos arbitrais nunha cidade como Vigo "con gran capacidade para emprender e facer empresa".
"Vigo é unha cidade emprendedora e con gran capacidade de facer empresa" polo que non hai mellor sitio para organizar un evento como I Foro de Arbitraxe que se desenvolve hoxe mércores no auditorio de Afundación. Na súa apertura, Caballero aseverou que xunto coa necesidade de seguridade xurídica que teñen as empresas, "ten que haber mecanismos que resolvan os conflitos de xeito áxil e menos custoso e iso é a arbitraxe". Felicitou a Cámara por impulsar esta solución eficiente dos conflitos como modo preferente fronte á vía xudicial.
As xornadas teñen como obxectivo mellorar o coñecemento sobre os procedementos arbitrais entre as nosas empresas para que este recurso de incorpore aos contratos como opción preferente na resolución de controversias. Igualmente, trátase de abrir un Foro de debate do que xurdan novas iniciativas que axuden ao fomento da vía arbitral en Galicia.
Na apertura deste foro tamén estiveron presentes José García Costas, presidente da Cámara; José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Corte de Arbitraxe da Cámara e Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza.
Descargar todas as imaxes