Escoitar

O Goberno municipal inviste máis de dous millóns de euros en obras en campos de deportes

Caballero destaca que "só nestes dous meses a atención ao deporte é maior que a de outros alcaldes en todo o seu mandato". O Concello acometerá obras nos campo de fútbol de Sárdoma e Carballal e no pavillón de Monte da Mina, cubrirá a piscina da Etea, substituirá os pavimentos de Teis, a pista vermella de Travesas, as pistas de tenis de Samil e o campo de béisbol das Plantas.

venres, 2 xuñ 2017
O alcalde anunciou este venres o comezo inmediato de diversas obras en campos de deportes da cidade para que tras o verán "todos estean perfectamente acondicionados" e destacou o investimento neste ámbito: "imos facer este verán obras en campos de deportes que superan os dous millóns de euros; unha maior atención ao deporte que mandatos enteiros de alcaldes anteriores", destacou Caballero.

No campo de Sárdoma están a construír un campo de fútbol anexo, "empezamos a obra estes días e ten un importe de 46.575 euros", indicou. O campo de fútbol de vCarballal terá unha primeira fase para a colocación de herba sintética, cun orzamento de 534.344 euros, e unha fase segunda fase para as bancadas, vestiarios e cantina, que conta con 415.000 euros.

Outra das obras que acometerá o Concello será o cubrimento da piscina da Etea, que permitirá facer ximnasia e utilizar o pavillón, actualmente pechado, que conta cun importe de 330.170,34 euros. Tamén se executará a reforma do pavillón de Monte da Mina, no que hai que substituír o pavimento e que ten un orzamento de 259.182 euros.

En canto á substitución do pavimento do pavillón de Teis terá un custo de 112.721,74 euros, mentres a pista vermella de Travesas contará cun novo pavimento que custará 97.889 euros e nas pistas de tenis Samil repararanse todas as superficies este verán. Por último, para o campo de béisbol das Plantas, o rexedor anunciou un investimento de 60.482,97 euros.

"Só nestes dous meses a atención ao deporte é maior que outros alcaldes en todo o seu mandato", afirma Caballero