Seis disciplinas centran o Verán Deportivo, a oferta de competicións para a praia de Samil
A nova edición do programa patrocinado polo Concello desenvólvese dende o 10 de xuño ata o 2 de xullo de 2017 coas modalidades de balonmán, tenis, voleibol, futvolei, fútbol e cachibol.
"Estamos moi satisfeitos por apoiar esta acción na que ofertamos ata seis modalidades (balonmán, tenis, voleibol, futvolei, fútbol e cachibol) nun marco perfecto e cun programa moi consolidado", dixo o edil de Deportes, que celebrou que "esta é unha das actuacións importantes da época estival para promover o deporte coa chegada do verán".
Cunha bancada para que unhas 90 persoas poidan seguir sentadas os partidos, Vigoarea comeza esta fin de semana coa competición de voleibol praia, a decimoquinta edición. Será ese o primeiro dos Cidade de Vigo en disputa, pois Samil acolle ata cinco trofeos co nome da urbe, todos eles moi consolidados. A uns metros do complexo deportivo municipal, Evento Global, a empresa organizadora, montará o Vigoarea, un recinto acoutado para a práctica de varios deportes.
Patrocinado polo Concello de Vigo (a nivel económico e loxístico), ademais de por Coca-Cola, Gadis, Decathlon, Rodosa e Aquabona, o evento celebrarase en catro fines de semana ao longo de todo este mes.
A organización contou con máis dun milleiro de inscritos o ano pasado no areal urbano vigués, aspirando a superar esa cifra este ano. "O balonmán é a modalidade con máis tradición e o evento estrela de todos os campionatos en xogo", explicou Justo Olea en representación de Verán Deportivo. De feito, pertence ao circuíto galego de balonmán praia, que decide a praza para o Campionato de España.
Coa celebración do torneo de voleibol praia (10 e 11), único con premios en metálico, o seguinte evento será o XX Cidade de Vigo de balonmán praia (do 16 ao 18); despois, o XIII Cidade de Vigo de tenis praia (sábado 24), o XV Cidade de Vigo de futvolei (domingo 25) e o Cidade de Vigo de fútbol praia (30 de xuño ao 2 de xullo).
Acompañaron ao concelleiro e á organización María Troncoso (Coca-Cola), Gerard Cabré (Decathlon), Alberto Rodríguez (Federación Galega de Balonmán) e Rebeca Hernández, do Club Volei Praia Vigo.
Descargar todas as imaxes