O Concello apoia o labor de DOA con 7.290 euros
Abel Caballero asinou este luns un convenio de colaboración con APAMP, co que a asociación suma 55.000 euros de axudas municipais.
O rexedor asinou hoxe un convenio de cooperación coa Asociación de axuda ao enfermo mental DOA por un importe de 7.290 euros, que servirá para a realización de diversas actividades e talleres de cartón-pedra, coiro e serigrafía.
Caballero lembrou que Doa traballa desde o ano 1987 pola mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. "Fixéronnos algunha proposta de novos programas para potenciar os diagnósticos e tratamentos precoces que imos estudar con eles", explicou Caballero. Ademais, comprometeuse a buscar opcións de mellora da accesibilidade á sede da asociación, que lles cede o propio Concello.
Acordos con APAMP
Por outra banda, o alcalde reuniuse coa asociación de persoas con parálise cerebral APAMP para asinar un novo convenio que se une aos xa subscritos. "Temos un convenio de xuventude de 22.500 euros, unha acción importante de Plan de Emprego de case 30.000 euros e unha acción de benestar para as familias, o que significa que temos convenios por valor de 55.500 euros", destacou. Ademais, o concello financia terapias con cans e encárgase de labores de mantemento do centro. Por último, acordaron a colocación dun columpio accesible en Navia, que unha empresa privada cede a APAMP e o concello colabora cos gastos de instalación.