luns, 24 out 2011
O alcalde de Vigo afirmou este luns que o dispositivo municipal de emerxencia preparado ante as fortes precipitacións desta fin de semana "funcionou ben", xa que atendeu un total de 155 incidencias, entre a Policía Local, os Bombeiros e a Protección Civil. Vigo rexistrou onte 71 litros de auga por metro cadrado, volume que no aeroporto de Peinador ascendeu aos 106 litros. Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, o máximo pico de precipitacións computadas foi ás 17 horas de onte, cun total de 19,2 litros/m2.
luns, 24 out 2011
Abel Caballero asegurou este luns que solicitará á Comisión Europea que matice a súa clasificación de portos e incorpore os tráficos de mercancía xeral no seu criterio. O alcalde recordou que o Porto de Vigo move 4 millóns de toneladas ao ano, dos que 3,4 millóns son mercancía xeral, polo millón de A Coruña e Xixón, que si foron considerados terminais nodais. No tocante á clasificación europea, "os criterios non son o suficientemente explícitos", polo que o alcalde confía en incorporar Vigo á rede portuaria central europea.
xoves, 20 out 2011
O alcalde vigués desvelou que o Goberno de España -a través de Acuanorte- xa ten 200.000 euros asignados á elaboración do proxecto técnico do trasvase da parte alta do río Verdugo ata o encoro de Eiras, para o que asinarase un convenio en dúas semanas. Por outra banda, Medioambiente tamén adica 200.000 euros para redactar o proxecto técnico da ampliación da ETAP do Casal.
mércores, 19 out 2011
Tras varias conversas co Secretario de Estado e co Presidente de Acuanorte, o alcalde de Vigo desvelou este mércores o acordo polo que o Ministerio iniciará a redacción do convenio para construir a gran condución de auga desde o río Verdugo ata o encoro de Eiras. Ademais, Medioambiente tamén acometerá a ampliación da ETAP do Casal. O investimento total na cidade rondará os 40 millóns de euros, que quedarán conveniados "con toda probabilidade" a próxima semana.
martes, 18 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha entrevista coa nova direción da Fundación Premios da Crítica de Galicia, "un dos máis prestixiosos" certames culturais galegos. Os responsables, de procedencia viguesa, recibiron a felicitación do rexedor, quen apuntou que lles ofreceu todo o apoio do goberno de Vigo á súa función.
martes, 18 out 2011
O rexedor municipal comprometeuse hoxe martes a facilitar un local municipal para o movimento 15M. Logo de manter un encontro con membros do colectivo, aos que amosou "a súa simpatía", Caballero avanzou a colaboración municipal para os indignados poidan desenvolver as súas actividades.
martes, 18 out 2011
Abel Caballero participou na mañá deste martes na constitución de Fundamar, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo composta pola maioría da representación socioeconómica do sector en Galicia. O alcalde vigués apoiou esta idea "brillante" e defendeu seguir traballando pola pesca sostible e o empleo na mar, ademais de profundizar na prevención e na seguridade, "en suma, polo progreso sostible".
martes, 11 out 2011
O alcalde de Vigo defendeu hoxe martes a cancelación do contrato de aluguer do edificio Asefal porque supuxo un aforro de 250.000 euros por ano. Caballero calificou que "escándalo" o prezo acordado pola súa antecesora no cargo e adiantou que as entidades vencelladas ao Concello que alí operaban -FAIMEVI e a Fundación Carlos Casares- son realoxadas nas dependencias municipais de Areal.
luns, 10 out 2011
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión co comité organizador deste Congreso, que celebrarase en Vigo no mes de marzo de 2013. A cidade acollerá por tanto o foro no que os profesionais farán balance da situación das librerías e do sector do libro. A organización prevé reunir na cidade olívica a unhas 250 persoas durante catro días.
luns, 10 out 2011
O alcalde de Vigo acudiu este luns á Porta do Sol, onde está ubicada un aula itinerante para a formación de ata 24 persoas no sector da construción. Caballero explicou que esta "idea notable" permite formar aos interesados nas novas técnicas e ferramentas empregadas na construción, con cursos que van desde as oito horas ata as 50.