O Concello achega case 139.000 euros para a restauración do órgano da Concatedral
O alcalde adiantou a sinatura dun convenio de colaboración coa Diocese Tui-Vigo para financiar a reparación do órgano que data de 1909 e que incluirá a organización de concertos gratuítos no templo.
En virtude do texto aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local, que asinarán o Concello e a Parroquia de Santa María da Diocese Tui-Vigo para o fomento de actividades na concatedral de Santa María, o goberno municipal custeará os gastos de reparación do órgano de estilo bizantino e con singular valor artístico. Foi construído en 1909 polo prestixioso mestre organeiro Lope de Alberdi "un dos máis prestixiosos da historia deste país".
Caballero apuntou que "queremos recuperar o órgano e os concertos de órgano na cidade porque Vigo é a cidade da música" e citando as dúas orquestras sinfónicas, nove bandas de música, corenta e cinco corais e centos de agrupacións folclóricas tradicionais e folk que se dedican á música, lamentou que falta en Vigo a posibilidade de escoitar música de órgano.
O importe do convenio ascende a case 139.000, dos que 214.000 se destinarán á restauración do órgano e 15.000 á difusión das actividades que se organicen no templo, como os concertos de balde que ofrecerá a Concatedral en base ao convenio.