mércores, 9 agosto 2017

O goberno de Vigo adxudica este xoves os proxectos de humanización das estradas do Porto e da Provincial

mércores, 9 ago 2017

O alcalde avanzou este mércores que a Xunta de Goberno Local aprobará mañá a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para redactar os proyectos de humanización da Estrada do Porto e da Estrada Provincial. Caballero recordou que son dúas demandas históricas na cidade que finalmente se reformarán con investimento do Concello e da Deputación.

O alcalde reitera o compromiso de Vigo co pobo saharauí

mércores, 9 ago 2017

Este mércores recibiu ao novo delegado saharauí en Galicia a quen lle manifestou a vocación do goberno municipal de pagar todas as viaxes dos nenos que pasan o verán con familias viguesas, que este ano supuxo unha achega de 60.000 euros.