Escoitar

O alcalde eloxia a calidade "excepcional" das obras das medianeiras viguesas

Os artistas que conforman a terceira edición do programa "Vigo, cidade de cor" continúan a realización dos traballos. Hoxe, Caballero visitou o mural do Pavillón de Bouzas.

martes, 8 ago 2017
1502195663bouzas4.jpg
Xunto á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, coñeceron de primeira man o labor realizado no Pavillón que considera "unha obra de arte excepcional, única, que calquera cidade de Europa desexaría ter" e puxo en valor o traballo realizado polas artistas.

Elara Elvira e Ana Santiso son as autoras da medianeira do Pavillón de Bouzas, unha das quince que forman parte da terceira edición do programa "Vigo, cidade de cor" co que se están decorando murais en diferentes puntos da cidade.

Ademais, amosouse "encantado con este proxecto" co que Concello "fai arte na cidade, transformándoa ao pasar do feísmo a unha cidade chea de arte" e recomendou facer un percorrido polas medianeiras xa completadas, tamén as desta última edición, que xa ten completadas as da rúa Coruña, "unha obra de arte única", a do Colexio Niño Jesús de Praga e a do Pavillón do Carme, nas Travesas, que cualificou de "preciosa".
Descargar todas as imaxes