martes, 24 mar 2020
O alcalde lembra a importancia de deixar as bolsas cos residuos no interior dos colectores para evitar riscos, especialmente nestes momentos, e recorda que o Concello extrema a diario a atención á limpeza e desinfección das rúas.
luns, 23 mar 2020
Abel Caballero informou este luns de que o Concello de Vigo aprazou o pago de todos os impostos municipais. “É un momento no que a economía está débil e tampouco é posible facer os pagos de forma presencial”, asegurou o alcalde.
luns, 23 mar 2020
O alcalde garantiu esta mañá axudas de alimentación para todas aquelas persoas que non estean en condicións económicas de afrontar ese gasto e instou a comunicar esta situación ao Concello a través do 010. De feito, hoxe mesmo, o goberno local repartirá comida a domicilio a 150 familias vulnerables e persoas maiores.
venres, 20 mar 2020
Abel Caballero avanzou este venres que o Concello xa conta con máis de 600 vigueses rexistrados no servizo de voluntariado posto en marcha para atender a persoas vulnerables. Actualmente, desde a Oficina de Voluntariado xa están contactando cos primeiros inscritos para iniciar un curso de formación.
venres, 20 mar 2020
O alcalde deu conta esta mañá de que xa se están realizando pagos de emerxencia a familias en risco de exclusión social que teñen nenos que nestes momentos non están acudindo ao colexio e, polo tanto, non comen no comedor escolar. En concreto, o Concello abonará 50 euros por cada estudante a 1.033 familias.
venres, 20 mar 2020
O goberno local non vai tramitar ningunha das 353 multas da XER que se impuxeron desde a entrada en vigor do estado de alarma. Hoxe xa está en vigor a suspensión da Xestión do Estacionamento Regulado.
mércores, 18 mar 2020
Abel Caballero anunciou este mércores que máis de 400 vigueses xa están rexistrados no servizo de voluntariado posto en marcha para atender a persoas vulnerables. Nos vindeiros días, desde a Oficina de Voluntariado contactarán con todos eles para repartir traballos, que poden ir desde acompañamentos á compra ou o médico a chamadas de teleasistencia.
mércores, 18 mar 2020
Anunciada este mércores por Abel Caballero, a proposta vai dirixida a rendas inferiores aos 300 euros per cápita e forma parte do sexto paquete de medidas municipais contra a crise do coronavirus. Tamén de ámbito social, o Concello promove un programa de acompañamento telefónico para paliar os efectos de illamento nas persoas da terceira idade
mércores, 18 mar 2020
Os profesionais sanitarios que realicen servizos domiciliarios terán uso preferente de prazas de carga e descarga, segundo anunciou esta mañá o rexedor. Tamén deu conta da suspensión da XER a partir do venres, 20 de marzo.
martes, 17 mar 2020
Abel Caballero anunciou este martes que todas as persoas sen teito foron reacollidas durante as últimas horas en pensións e hoteis da cidade. Ademais, informou de que os procedementos administrativos foron suspendidos, incluídos os de becas de inglés e escolas infantís.