martes, 14 xan 2020
O futuro plan xeral, o AVE por Cerdedo, a saída sur, o corredor atlántico e os accesos á estación do tren de alta velocidade son os asuntos que o rexedor quere repasar coa presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera. O encontro terá lugar ás 17,00 h desta tarde en Madrid.
martes, 7 xan 2020
O alcalde apuntou que o crecemento da poboación viguesa rexistra un "crecemento sostido" nos últimos tres anos co obxectivo do seu goberno de superar os "300.000 habitantes".
luns, 30 dec 2019
"Foi un ano fantástico, extraordinario no que a economía segue tirando debido ao goberno municipal", apuntou Caballero ao repasar a acción do seu Goberno ao longo deste ano.
mércores, 18 dec 2019
O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias falou este martes co presidente do Goberno en funcións no marco da rolda de contactos que o Executivo está mantendo de cara á gobernabilidade.
martes, 17 dec 2019
O presidente da FEMP asegura que é urxente avanzar en cuestións como o uso do superávit, o teito de gasto ou os intereses do 0,35% que o bancos cobran aos consistorios polos seus depósitos. Abel Caballero presidiu esta mañá a Xunta de Goberno e, posteriormente, o Consello Territorial da Federación de Municipios e Provincias.
venres, 13 dec 2019
Abel Caballero participou este venres na clausura do Cumio do Clima, COP25, que se celebra en Madrid, onde defendeu a necesidade urxente de promover novos modelos produtivos ante o cambio climático
xoves, 12 dec 2019
O presidente do Goberno en funcións inclúe ao presidente da FEMP "por primeira vez na historia da democracia" na ronda de consultas que está realizando para constituír goberno.
martes, 10 dec 2019
Abel Caballero participou con Carmela Silva na presentación en Vigo da campaña coa que a Deputación de Pontevedra promove a compra de xoguetes que non respondan aos estereotipos de xénero tradicionais. Para o alcalde, que trasladou o seu apoio á iniciativa, "a igualdade é o novo tempo de entender a sociedade e seguiremos dando pasos nesta dirección" mentres a presidenta do ente provincial destacou a importancia de "mercar e agasallar con sentido e con igualdade" durante este Nadal. Os autobuses urbanos das liñas H e C3 da cidade locen desde hoxe os carteis da campaña.
luns, 9 dec 2019
Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este luns o acordo polo que o Concello cede durante 10 anos o edificio municipal da rúa Chao á entidade provincial para "reforzar a súa presenza en Vigo".
martes, 3 dec 2019
A presidenta de Adif confirmou a Abel Caballero a inclusión do Porto de Vigo no corredor atlántico de mercadorías como unha prioridade. Isabel Pardo de Vera trasladará ao Concello e fará pública a documentación que oficialice unha incorporación que o alcalde considera "unha necesidade imperiosa" para a cidade.