Escoitar

O Concello instala dous contedores de vidro rosas na Gran Vía para colaborar na prevención do cancro de mama

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que os contedores estarán na zona da estatua dos Redeiros durante dous semanas. A campaña, desenvolta con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama xunto con Ecovidrio, destaca a importancia de coidar o medioambiente e coidar a saúde mediante a prevención. Agatha Ruiz da Prada deseñou un novo miniglú para a ocasión, e os fondos recadados a través das vendas irán destinados á Fundación Sandra Ibarra.

mércores, 19 out 2022

Vigo terá instalados dous contedores de vidro rosas na Gran Vía durante dous semanas. O Concello súmase a campaña "Recicla vidro por elas", en colaboración con Ecovidrio, co obxectivo de coidar o medioambiente e apostar pola prevención do cancro de mama. O alcalde explicou en rolda de prensa que "desde hoxe e durante as próximas semanas, 2 iglús rosas estarán situados na zona dos Redeiros. Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos contedores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra".

Ademais de contar con Sandra Ibarra, presidenta da Fundación, como embaixadora do proxecto, Sara Herranz uniuse á iniciativa e elaborou un manifesto titulado “Prometo coidarme”, para concienciar á cidadanía da importancia do coidado do medioambiente e a autoexploración para a prevención deste tipo de cancro.

Pola súa banda, como símbolo da concienciación e solidariedade co cancro de mama, Agatha Ruiz da Prada deseñou un miniglú especial para a ocasión, no que se destaca o lema da Fundación Sandra Ibarra: “Cheas de vida”. O miniglú poderase adquirir a través da web Miniglú.es, e os beneficios destinaranse á Fundación Sandra Ibarra para contribuír á prevención e investigación do cancro.

Descargar todas as imaxes