O Concello construirá entre 200 e 250 vivendas protexidas en Santa Cristina
O obxectivo é promover o desenvolvemento de Santa Cristina, construíndo no Parque Central o primeiro ámbito de vivenda protexida que desenvolverá o Concello.

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa, que na Xerencia de Urbanismo desta mañá aprobouse o inicio do expediente para a modificación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Este ámbito figura no documento aprobado inicialmente como chan urbano non consolidado, chan de propiedade municipal, e proponse a incorporación da súa ordenación detallada, de tal forma que, unha vez entre en vigor a novo PXOM, sexa posible a edificación de vivendas de protección pública. Caballero sinala que dende o Concello de Vigo “queremos que o PXOM de Vigo incorpore vivenda protexida, pero ademais queremos acelerar o proceso para que se poida proceder á construción canto antes”.
Durante o proceso de ordenación detallada, definiranse as zonas verdes, os viais e as vivendas, entre outros, que como adiantou o rexedor, “faremos entre 200 e 250 vivendas co Concello como promotor. Nos últimos 13 anos a Xunta de Galicia apenas realizou a quinta parte da vivenda protexida que imos facer”. Con esta modificación búscase que o equipo redactor do novo PXOM incorpore os devanditos traballos, propondo a tramitación dunha modificación contractual acorde á normativa vixente.


