O alcalde avoga pola igualdade da muller, tamén nas artes escénicas
A Casa das Artes acolle do 25 ao 27 de outubro o primeiro Encontro Internacional de Mulleres da Escena en Igualdade, organizado pola asociación Clásicas y Modernas co apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo. No foro, as directoras, dramaturgas, produtoras, xestoras e creadoras de todo o mundo abordarán as barreiras coas que se atopan as profesionais do sector e propoñerán respostas a estes desafíos. Abel Caballero saudou este mércores ás participantes no encontro poñendo en valor a súa profesionalidade e apelando á necesidade da igualdade real en tódolos sectores.


