xoves, 27 outubro 2022

O alcalde saúda aos 300 participantes no XXXI Congreso de Serca Automoción

xoves, 27 out 2022

Abel Caballero achegouse esta mañá ao Pazo Los Escudos para participar na inauguración do XXXI Congreso de Serca que reuniu a máis de 300 profesionais do sector da automoción. O alcalde felicitou aos promotores dunha cita anual que este ano elixiu Vigo para concitar clientes, fabricantes e prensa especializada de toda España.

O alumnado do CEIP O Pombal visita o Concello

xoves, 27 out 2022

O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 5º e 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Coñece o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polo seu traballo e polo funcionamento do Pleno Municipal